NORMATIVA ESPECÍFICA “NADA E CORRE”, Tempada 2013.
- Nas probas poderase participar con licenza
escolar (de Duatlon ou Tríatlon), nas categorías benxamín, alevín,
infantil e cadete.
- Celebraranse 3 citas clasificatorias e unha
final. En cada proba clasificatoria poderán participar tódolos deportistas
dos Clubs Galegos que o desexen.
- Para a final Galega clasificaranse os 4 primeiros
de cada proba por categoría e sexo, non computando os xa clasificados en
probas anteriores.
- En cada proba outorgaranse medallas acreditativas
ós 3 primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría.
- Na final
autonómica entregaránselle trofeos ós tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada
categoría. Tamén haberá clasificacións por equipos (co mesmo sistema que a
clasificación do Cpto. Galego de Tríatlon de Categorías Menores).
- Cada proba consistirá en nadar e correr. A
natación efectuarase en series por categoría e sexo tratando de conformar
as mesmas en base ós tempos de nado que estimen os adestradores. Na final
estableceranse as series en función das marcas das xornadas previas.
- Na carreira realizarase unha saída por categoría
e sexo saíndo todos á vez. Cando nunha categoría saían máis de 20 cativos
poderá haber unha saída A e outra B con igual número de cativos, segundo o
orde da clasificación da natación. A clasificación final será o resultado
da suma de tempos da carreira e da natación.
8.
Distancias:
Benxamín 50 metros natación 500 metros carreira
Alevín 100 metros natación 500 metros carreira
Infantil 200 metros natación 1000 metros carreira
Cadete 400 metros natación 2000 metros carreira
- Calendario:
1ª Proba clasificatoria: 03/02/2013
en Riveira
2ª Proba clasificatoria: 23/02/2013
en Vilalba (Lugo)
3ª Proba Clasificatoria: 10/03/2013
en Vigo
Final: 16/03/2013 no CGTD
(Pontevedra)
- Inscricións:
Ata o martes anterior á
proba, enviándoa á Federación a través de email (fegatri@hotmail.com) ou fax (982 109 800).(Nota: enviando nun Excel o
nome, apelidos, data de nacemento, nº de identificación do programa Xogade,
club e tempo de natación).
- COMUNICACIÓN
DE BAIXAS: Estas deben ser
comunicadas antes das 20:00 horas do mércores anterior á proba (moi
importante para a organización tanto da proba como do transporte).
O Club que teña un número de baixas do 25% ou máis (que non foran comunicadas) queda sen poder participar na seguinte proba.
*** A Federación asumirá os gastos de: medallas,
trofeos, xuíces e transporte (sempre e cando se trate de grupos con un número
mínimo de persoas e dende a mesma localidade).
No hay comentarios:
Publicar un comentario